Bieito Ledo é o gañador do XL Premio 'Celanova, Casa dous Poetas'

Desde a organización sinalan que "46 anos despois da creación dos Premios da Crítica Galicia é necesario recoñecer o seu achegue á vitalidade cultural do pobo"


|

Jurado Premio 'Celanova Casa dos Poetas'.
 

O xurado do XL Premio 'Celanova, Casa dos Poetas' decidiu outorgarlle o galardón a Bieito Ledo, "pola súa contribución á Cultura Galega desde o ámbito da xestión cultural, da edición e de propostas que buscaron sempre profundar nas raíces desde a súa aldea de Padroso".

Así, sinala que "46 anos despois da creación dos Premios da Crítica Galicia é necesario recoñecer o seu achegue á vitalidade cultural do pobo". Ademais, explica que se recoñece o seu achegue ao mundo editorial e ao saber cultural e científico" co "legado enciclopédico da editorial 'Ir Indo'.

Tamén tivo en conta "a súa ourensanía", que fixo posible desde o Círculo Ourensá Vigués reunir ás mocidades da transición ao redor dun proxecto de paz e convivencia de longa vida.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE