As tormentas sacan á superficie útiles do Paleolítico descubertos na Praia de Arealonga, en Barreiros

A Asociación Mariña Patrimonio descubriu varios útiles Paleolíticos na turbera da praia de Arealonga, localizada na parroquia de San Miguel de Reinante, no concello lugués de Barreiros. Tras os temporais deste inverno, o mar retirou unha gran cantidade de area, deixando visible a turbera que preserva os vestixios dun antigo bosque.

 


|

O mal tempo e a ondada deixaron visibles os restos na tubera da praia do municipio lucense, tal e como informou a Asociación Mariña Patrimonio. 

 

Non é o primeiro descubrimento deste tipo na zona: xa apareceran en 2014 restos óusevos de animais que habitaron no antigo bosque.

 

Útil del Paleolítico descubierto en la turbera de la playa de Arealonga (Lugo).
Foto: EP

 

A Asociación Mariña Patrimonio descubriu varios útiles Paleolíticos na turbera da praia de Arealonga, localizada na parroquia de San Miguel de Reinante, no concello lugués de Barreiros. Tras os temporais deste inverno, o mar retirou unha gran cantidade de area, deixando visible a turbera que preserva os vestixios dun antigo bosque.

Segundo trasladou a Asociación Mariña Patrimonio a través dun comunicado, tras o descubrimento dos útiles paleolíticos neste antigo bosque que levan anos documentando fotográficamente, puxéronse en contacto coa Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, a cal enviou a arqueólogos á praia de Arealonga para inspeccionar a zona onde apareceron os restos arqueolóxicos e facer cargo das pezas líticas.

Ademais destes restos, na turbera de Arealonga, que só se pode ver tras algúns temporais, xa apareceran en 2014 restos óusevos de animais que habitaron no antigo bosque.

Entre os restos destacan fragmentos de mandíbulas e cornamenta de cérvidos e ósos de cabalo e de vaca, estudados no seu momento pola paleontóloga Aurora Grandal, que determinou que os máis antigos son de fai 4.800 anos.

Doutra banda, existe unha tradición popular que sostén que nesta praia atópase a cidade alagada de San Miguel de Vilachá, que foi afundida por un castigo ou maleficio, e que nos anos nos que os temporais levantaban a area podían verse os cimentos das casas e restos de árbores da cidade.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE