Falece o escritor Alfonso Álvarez Cáccamo en Vigo aos 71 anos

O escritor e profesor Alfonso Álvarez Cáccamo faleceu este luns aos 71 anos no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde permanecía ingresado desde hai semanas.


|

Alfonso u00c1lvarez Cu00e1ccamo
Alfonso Álvarez Cáccamo nunha foto de Santos Díez (Ollo de Vidro-ACAB) CC BY-#SA 3.0. 

 

O escritor e profesor Alfonso Álvarez Cáccamo faleceu este luns aos 71 anos no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde permanecía ingresado desde hai semanas.

Nacido en Vigo en 1952 e fillo do tamén escritor Xosé María Álvarez Blázquez, exerceu como profesor no colexio de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), até a súa xubilación fai máis de dez anos.

Álvarez Cáccamo desenvolveu unha ampla traxectoria literaria con obras en ámbitos como a narrativa, poesía, relatos e ensaios, ademais de colaborar en prensa escrita no diarios Faro de Vigo e A Nosa Terra.

En 1988 gañou o Premio Café de Catro a Catro de Novela por 'Peito de vimbio' e dous anos despois venceu o Premio Xerais de Novela con 'As tiroteas de Eduardo Reinoso'. Tamén gañou en 1993 o Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa con 'Xente de mala morte'.

 



En redes sociais, o seu irmán e tamén escritor Celso Álvarez Cáccamo agradeceu as condolencias trasladadas por usuarios e personalidades, entre elas, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE