Xa hai datas para regresar a San Simón e San Antón: o Sinsal 2024 celebrarase do 26 ao 28 de xullo

Ademais dun cartel secreto, o festival da Ría de Vigo ofrece unha gran cantidade de actividades paralelas.


|

20230722 Sinsal   Hatis Noit u00a9 Olalla Lojo
Foto: Festival Sinsal

 

A temperatura que deixa o primeiro día de febreiro en Galicia pode facer que moitos revivan os recordos do verán pasado, cando gozaban da mellor música ao ritmo do mecer das ondas rodeados dunha paraxe idílica como o que ofrece a ensenada de San Simón. Para os nostálxicos, unha gran noticia: o Festival Sinsal SON Estrela Galicia regresa en 2024 coas illas de San Simón e San Antón de novo como escenario en tres días de música que, como sempre, será unha absoluta sorpresa.

 

O segredo mellor gardado do verán en Galicia descubrirase os días 26, 27 e 28 de xullo. O que si podemos aventurar é que será un cartel en grao sumo ecléctico, con bandas chegadas de todos os recunchos do globo e con descubrimentos que seducirán os oídos máis audaces. A única pista que ofrecen hoxe os organizadores é que podemos ter por seguro que serán máis dunha vintena de bandas e solistas "de estilos e orixes diversas"

 

Datas Sinsal 2024

 

ACTIVIDADES PARALELAS E RECOÑECEMENTOS

Non defraudará de ningún xeito a proposta neste arquipélago no que haberá moitas outras actividades paralelas como o itinerario 'Descobre San Simón' que fan desta unha das citas máis singulares do panorama nacional e da que poden gozar menos dun milleiro de persoas por día, o que potencia o carácter íntimo e sostible deste evento. 

 

"Desde os seus inicios, Sinsal presentouse como unha iniciativa cultural para visualizar as artistas próximas á creación contemporánea da escena galega e estatal, mais tamén con espazo para creadoras e creadores do ámbito internacional", apunta a organización, que foi premiada en múltiples ocasións polo seu bo facer no festival, como os recoñecementos nos Iberian Festival Awards -onde volve ser finalista este ano nas categorías de Mellor festival de pequeno formato, Mellor escenario e Mellor estratexia de comunicación e mercadotecnia- ou as mencións do Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, incluíndo o festival no TOP-10 nacional de iniciativas culturais mellor valoradas polo seu compromiso social e desenvolvemento sostible. 

 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE