A Coruña pon data ás gargalladas: o Encontro Mundial de Humorismo celebrarase do 25 de abril ao 5 de maio
O festival de humor prepara a súa edición máis grande até a data con once días de shows.
Un ano máis, os mellores humoristas do panorama nacional daranse cita na cidade herculina para festexar, entre risas, o bo humor que o Econtro Mundial de Humorismo leva por bandeira. EMHU, xa totalmente consolidado na comunidade na súa IV Edición, celebrarase do 25 de abril ao 5 de maio de 2024 nunha nova entrega que promete seguir sorprendendo ao público.
De feito, para o próximo ano a organización proxecta ofrecer un EMHU máis grande, con once xornadas continuadas de shows e eventos con "as figuras máis relevantes da escena galega e estatal". "Espectáculos únicos, elencos exclusivos e producións propias formarán parte do cartel da cita, que un ano máis conta con Luís Piedrahita como director artístico", ageregan os organizadores.
Con "o sorriso, o deleite e a imaxinación" no centro do espectáculo, o EMHU agarda para presentar na primavera unha gran cantidade de estreas e galas co selo de festival, como Fantastic Colofon ou Humoris Causa, algunhas das máis esperadas polo público. Propostas demoledoras como reflicte o cartel do evento, obtra do deseñador gráfico e ilustrador Riki Blanco, que considera o humor como "una detonoación controlada".

"O humor é unha deconstrucción construtiva que traballa demolendo pensamentos anquilosados, gravidades impostadas e outros ‘blablabás’ para despois rearmar o quebracabezas dos seus trocitos. O humor detesta o solemne, o pesado e, sobre todo, aos pesados. Cando alguén cos pés no solo ameaza con restrinxir o espazo aéreo das cabezas, o humor torpedéao sen piedade e reconstrúeo de novo, póndolle os pés nas minchas e a cabeza na lúa. O humor destrúe, pero sempre para construír", define Luís Piedrahita.
Escribe o teu comentario