Viaqua lanza unha nova convocatoria para participar nos 'Relatos de auga intelixente'

O certame literario, que alcanza o seu X Edición, está orientado aos alumnos de entre 12 e 17 anos con importantes premios. 


|

Cuatro alumnas del colegio Divina Pastora de Ourense fueron galardonadas en el IX  wKQry9T
Algúns dos participantes gañadores da pasada edición

 

Con 200 palabras pódense contar grandes historias. É o que demostraron os máis de 3.500 mozos que nos últimos 10 anos formaron parte do certame literario 'Relatos de auga intelixente' de Viaqua en Galicia. A iniciativa, que celebra este ano a súa X Edición, está enfocada en espertar a imaxinación dos alumnos de ESO e Bacharelato/#FP de entre 12 e 17 anos dos municipios nos que a empresa presta os servizos de subministración de auga.  

 

Na nova convocatoria, Viaqua propón "Un día sen auga" como temática central. E se un día abrimos elm billa e a auga non salgue? Que consecuencias habería? Sobre esta hipótese quere a empresa facer reflexionar aos máis novos. 

 

"O obxectivo deste certame é sensibilizar aos participantes sobre a presenza omnipresente da auga nas nosas vidas e fomentar o seu coidado e preservación. Nun contexto actual onde o cambio climático está a afectar cada vez máis a cantidade e calidade da auga dispoñible, é crucial que tomemos conciencia da necesidade dunha xestión avanzada e a aplicación de novas tecnoloxías para garantir a súa dispoñibilidade no futuro", manifesta Sonia Delpont, directora de comunicación de Viaqua. 

 

O certame conta con 19 premios valorados en máis de 1.500 euros, cun primeiro premio de 150 euros, un segundo de 75 e un tercercero de 50. Ademais, a iniciativa serve tamén como impulso á economía local, xa que estes vales poderán trocar en comercios locais para adquirir produtos deportivos, tecnolóxicos ou libros. "Ademais, o centro educativo que presente un maior número de relatos de calidade recibirá un lote de libros relacionados coa temática auga e medio ambiente", agregan os organizadores. 

 

O reloxo empeza a correr o 13 de novembro os alumnos deben enviar os seus relatos curtos, cunha extensión máxima de 200 palabras, ao mail certamenviaqua@gmail.com até o 12 de xaneiro de 2024. Por outra banda, e como en edicións pasadas, Viaqua convida aos interesados a innovar e participar nas dúas modalidades de participación: "relato curto clásico ou relato curto creativo, neste último poderán tirar de imaxinación enviando relatos curtos en formato poesía, cómic, fotografía e texto, entre outros, que non superen as 200 palabras". 

 

WhatsApp Image 2023 11 10 at 14.40.10

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE