Txabi Franquesa tomará Vigo este domingo ao estilo William Wallace co seu show 'Escocía'
A actuación do humorista terá lugar o domingo 12 de novembro na Sala Sinatra ás 18:30 horas.
Cun kilt e desafiando ao público, Txabi Franquesa sae a escena, cunha bandeira azul con dúas bandas cruzadas ás súas costas. A partir de aí, todo pode pasar nun show onde o humorista catalán toma as rendas e conduce ao público aos lugares que lle interesa transitar, nin máis nin menos.
O humorista barcelonés, curtido en mil batallas, aterra agora en Vigo para presetar 'Escocía', o seu último show, unha proposta que leva este domingo 12 de novembro á Sala Sinatra ás 18:30 horas.
A crise dos 40, unha idade na que xa non es nova, pero tampouco un vello, é o eixo central desta batalla dun cómico maduro, como demostra no show, pero con esa picardía do Franquesa irreverente de sempre e que segue atrapado nun corpo cos seus achaques e nunha dualidade constante entre a euforia e o abatemento. A máis dun soaralle esta loita, que o cómico converte nun monólogo onde pasa a ser o William Wallace dunha guerra que non pode gañar, pero que combate con honra.
Escribe o teu comentario