Roberto Vilar emprende unha xira por toda Galicia na "celebreixon" das súas tres décadas en televisión
O presentador e humorista comezará o 20 de xaneiro a celebración das súas 30 anos de presenza nos medios.
Repasar a carreira de Roberto Vilar significa viaxar no tempo até 1993, cando fixo o seu debut televisivo. O de Xove non alcanzou a fama de maneira inmediata, senón que foi un percorrido de altibaixos, pequenos papeis e un salto á fama da man de Víctor Fábregas, Luar e un dúo cómico que é historia do audiovisual e, practicamente, da cultura galega. De Vos Tonechos saltamos a Land Rober, aos seus intentos na televisión nacional e á súa confirmación como presentar nun espazo que leva máis de oito anos en antena na #TVG. Agora, no 30 aniversario da súa estrea na pequena pantalla, Rober se reinventa.
Onte mesmo anunciou no seu programa o proxecto de facer unha xira polos teatros de Galicia. Unha aeventura en solitario, a primeira na súa carreira, que o levará inicialmente por Lugo, Santiago de Compostela, Ourense, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Vigo e Cangas do Morrazo.
'Celebreixon', o seu novo espectáculo, é a aposta de Vilar, con humor e sorpresas que non deixarán indiferentes a ninguén. O show, producido por Etiqueta Negra e Destino Bergen, arrinca o próximo 20 de xaneiro pero as entradas xa están á venda e prometen voar dos despachos de billetes nun dicir amén, como os últimos 30 anos de carreira de Roberto Vilar.
Escribe o teu comentario