Santiago e Ourense serán as primeiras cidades en penetrar no 'Meixeverso'
O humorista galego Pablo Meixe estrea na capital galega e na cidade termal o seu novo espectáculo.
No Meixeverso todo é posible e todo pode dar pé á gargallada. O novo show de Pablo Meixe chega a Galicia coa súa estrea en Santiago de Compostela este venres, para logo dar o salto a Ourense e, xa en decembro, acudir en Vigo .
O humorista galego dará renda solta ao seu humor con 'Meixeverso', producido por Etiqueta Negra e cunha primeira función este venres 3 de novembro ás 20:30 horas no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela. O artista dará un grio á súa proposta cunha forte aposta polo audiovisual, pero haberá que velo para crelo.
O sábado 4 de novembro fará o propio no Teatro Principal de Ourense, ás 20 horas, mentres que o 3 de decembro será a quenda de Vigo, no Auditorio do Teatro Afundación, ás 18:30 horas. Da estrea en Galicia, os portais ao Meixeverso abriranse nos próximos meses en teatros de todo o terriotorio nacional, con datas aínda por anunciar.
"É un show ambicioso que vai mesmo máis aló do noso mundo. A premisa da que parte é que o galego se deu conta de que ao longo e ancho dos distintos planos da realidade pódense atopar personaxes curiosos que pon a proba o tecido da graza e o chiste. E para iso valerase de audiovisual, música, cambios de vestiario e, sobre todo, moitas risas", explican os organizadores.
A súa traxectoria vital, desde os seus inicios no teatro con 14 anos até os seus primeiros monólogos, será o eixo dun espectáculo que nos traslada do teatro á unha sala de cine ou a unha gala de premios, todo o que poida abarcar o Meixerverso, que contou coa inestimable participación de Álvaro L. Barreiro.
Escribe o teu comentario