SP Media organiza en Santiago catro talleres sobre xornalismo e produción creativa

Os talleres impartiranse no Centro Internacional de Prensa de Galicia, situado na Rúa Nova, 9, da cidade compostelá


|

Escriturajovenes
Arquivo - Os cursos tratarán sobre xornalismo e produción creativa

A empresa de comunicación SP Media impartirá os próximos meses de novembro e decembro un total de catro talleres sobre xornalismo, comunicación e creación literaria. Estes cursos terán lugar no Centro Internacional de Prensa de Galicia e terán un custo de 20 euros por cada un, cunha duración individual de dúas horas. Pola súa banda, a empresa concederá gratuitamente estes cursos aos socios da Asociación de Xornalistas de Santiago de Compostela.

 

O primeiro taller terá lugar o martes 14 de novembro entre as 19:00 e as 21:00 e tratará sobre a guionización para podcast. Nel trataranse de maneira práctica acpectos dun guion para podcast e a maneira de crear un. Os asistentes poderán así, segundo explicade a organización desde un comunicado "plasmas as súas ideas xogando con elementos radiofónicos como a voz, a música, os efectos sonoros ou o silencio".

 

O seguinte martes, 21 de novembro, tamibén ás 19:00 será a quenda do segundo taller, que dará a coñecer máis sobre a creación dun podcast desde cero. Neste taller, que prentende funcionar a modo de continuación do anterior, os asistentes poden pór en práctica as súas ideas e o seu talento como creadores de contidos, creando así o seu propio podcast.

 

O último martes de novembro, tamén ás 19:00, a empresa impartirá un taller sobre escritura creativa, no que os asistentes coñecerán maneiras de comezar a escribir, saíndo do bloqueo creativo e entrando nun hábito de escritura e xeración de ideas para consolidar a escritura a través de técnicas como a escritura cronometrada.

 

Finalmente, o 5 de decembro será o momento de coñecer o funcionamento do xornalismo de datos. Neste taller, os asistentes aprenderán a traballar con bases de datos, así como a extraer información e dar renda adoite á súa creatividade á hora de plasmala "en impactantes gráficos multimedia e interactivos", indican desde SP Media.

 

Para asistir a estes talleres, a empresa habilitou un formulario de inscrición a través da súa web, ao que se pode acceder a través do enlace https://spmedia.é/formacion/. No formulario, os interesados deberán indicar a que talleres interésalles asistir realizando o pago de lso mesmo antes no local antes do inicio da actividade.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE