Primeiras confirmacións do Ouren Sound Fest, que abre a tempada festivalera: Arde Bogotá, Shinova, The Rapants...

O festival auriense anuncia un primeiro avance dun cartel que conta con artistas de relumbrón para dar a benvida ao verán. 


|

Ouren Sound Fest
Ouren Sound Fest

 

Por lei, o verán empeza a noite do 23 ao 24 de xuño, con San Juan e a noite máis curta do ano. Ou así viña sendo até non fai tanto, ata que o Ouren Sound Fest -herdeiro do Ouren Rock- irrompeu nas nosas vidas co proposito de ser o encargado de dar a benvida ao verán, un mes antes do que pon o calendario, e facernos gozar da mellor música. Porque o bo tempo e as ganas de verán chegan moito antes que o propio estío, en Benposta cortarán a cinta inaugural os días 23, 24 e 25 de maio de 2024, cando soan os primeiros acordes e os festivaleros a bailar.

 

E farano a ritmo de Arde Bogotá, un das primeiros cabezas de cartel confirmados esta semana pola organización dun festival en franco crecemento e que cada ano gaña máis e máis adeptos á causa. No seu IV Edición neste formanto, o festival auriense promete manter a súa liña ascendente da man dunha das revelacións do panorama nacional, recentemente condecorados nos Premios Ondas como Fenómeno Musical do Ano.

 

Ourensound bemposta

 

Pero os de Cartaxena non estarán sós, xa que Shinova acompáñaos como outro dos grande atractivos deste primeiro avance, onde tampouco faltan artistas locais como Grande Amore ou The Rapants -que repiten por segundo ano consecutivo en Ourense-, demostrando unha vez máis o compromiso do festival pola música do país e os grupos emerxentes. 

 

As punkarras de Shego, o xornalista e picadiscos Anxo Carmona e a incombustible Duendeneta pechan esta primeira proba que fixo levantar a moitos do asento de face a un ano no que o festival proxecta ser máis grande e máis multitudinario. Se xa hai ganas de verán de seu, o Ouren Sound ha insuflado aínda máis. Que corra rápido o reloxo. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE