O Festival PortAmérica coróase nos Premios Fest co premio á Sustentabilidade Social
Afeito recibir reocnocimientos cada ano, o festival de Portas leva un premio nunha categoría na que se estrea.
Os que estiveron na Azucreira de Portas entre o 13 e o 16 de xullo acórdanse aínda hoxe e acordaranse toda a vida. A do PortAmérica é unha experiencia difícil de esquecer e iso compróbase cada ano nos Premios Fest, os únicos galardóns a nivel nacional dedicados aos Festivais de Música e que, unha edición máis, volveron a pór ao festival galego entre a súa lista de premiados.
Un recoñecemento ao esforzo que fan todos os profesionais deste sector que nos últimos anos gañou un enorme peso tanto na cultura como a economía de Galicia. Produción, innovación pegada social e medioambiental...son moitos os apartados que premian estas condecoracións e nas que o PortAmérica xa conquistou senllos premios como o de Mellor Festival de Mediano Formato o ano pasado ou en 2018, cando levou até tres figuras: Mellor Campaña de Comunicación, Mellor Activación de Marca e Mellor Zona de Restauración (premio que tamén conquistou o ano pasado e que xa levou en 2015 e 2017).
Nesta ocasión, foi na categoría de Sustentabilidade Social onde os Premios Fest quixeron recoñecer o fantástico labor da organización do festival. "Isto motívanos a levar o noso compromiso sostible aínda máis lonxe cada ano, pois somos conscientes da necesidade deste tipo de iniciativas para o conxunto da sociedade", resaltan desde o PortAmérica, amparado baixo o paraugas de Esmerarte Industrias Creativas.
A economía circular, a conservación do medio natural, a implicación dos asistentes, a dinamización da contorna local e a accesibilidade universal foron apartados nos que o festival enfocou as súas accións en en a súa última edición, que contou con artistas da talla de Nicki Nicole, Deluxe, Bad Gyal, Loquillo, A M.Ou.D.A, Second ou Carlangas, ademais de titáns da cociña como Anxo León, Maca de Castro, Javi Oleiros ou Begoña Rodrigo.

Espazos como a chiquiteca, os aseos sen distinción de xénero, as barras feministas, os Putos Azamboados e as brigadas violetas ou o seu proxecto de reforestación de cada entrada unha árbore son algunhas das moitas iniciativas desenvolvidas por un festival que promete seguir crecendo e que proximamente dará máis detalles sobre a edición do ano que vén, pola que está a esperar todo o mundo.
Escribe o teu comentario