A Semana de Cine Euroárabe AMAL 2023 comezará este luns cun coloquio sobre a situación entre Palestina e Israel

No coloquio intervirán o patrón da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas e codirector do Instituto de Estudos sobre Conflitos e Acción Humanitaria, Jesús Núñez, ademais da xornalista e directora adxunta do diario Público, Esther Rebollo


|

Cartel AMAL 2023
Cartel AMAL 2023 / Foto: @EP

A Semana de Cine Eurárabe AMAL 2023 inaugurarase este luns cun coloquio sobre a sitaución actual entre Palestina e Israell ás 21:00 no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

 

No coloquio intervirán o patrón da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas e codirector do Instituto de Estudos sobre Conflitos e Acción Humanitaria, Jesús Núñez, ademais da xornalista e directora adxunta do diario Público, Esther Rebollo.

 

Segundo explicou a entidade a través dun comunicado, os ponenetes repasarán as raíces históricas e socioeconómicas que "alimentan" esta contenda de Oriente Medio, así como os seus últimos acontecementos, a estratexia bélica, o estado da información e a desinformación e, finalmente, a crise humantaria e as consecuencias para a poboación.

 

A asistencia ao evento é gratuíta, con previa retirada de invitación na páxina web de Ataquilla.com ou no propio Teatro Principal desde unha hora antes do inicio da sesión.

 

Baixo o lena "Ninguén está a salvo" e cunha imaxe sombría de cor negra, esta edición rende homenaxe ás persoas falecidas na traxedia do terremoto de Marrocos, ás que sufriron as inundacións de Libia e ao pobo palestino.

As proxeccións desta cita serán do martes 24 ao sábado 28 de outubro no Teatro Principal de Santiago. Proxectaranse cinco cintas que se poderán ver nun pase único por día de martes a sábado ás 21:00.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE