MUSICAV, unha proposta para unir música clásica e jazz en Vigo
Este proxecto contará tamén coa estrea absoluta en España da película ucraína Earth
MUSICAV chega á cidade de Vigo cunha proposta musical diferencial, que pretende ser sorprendente e orixinal. Nela contaranse o jazz e a música clásica durante dúas sesións, en semanas alternas os días 14 e 30 do próximo mes de novembro.
Este é un proxecto musical qeu inaugurarase este outono desenvolvido a partir da experiencia da actividade musical realizada por Vitruvia ao longo de todo o ano na urbe olívica. Os seus promotores son Javier Ferreiro e Rosana Ojea. Neste ciclo, os dous estilos musicais complementaranse e neles existe unha confluencia de públicos con perfís similares.
A nova proposta musical de Vitruvia deseñouse pensando nunha contorna capaz de albergar un aforamento de tamaño medio, como o auditorio Abanca, cunha capacidade para 1.920 persoas nas 4 sesións previstas, sendo así máis de 400 persoas por concerto.
O festival arrincará o martes 14 de novimbre e contará coa participación do músico de jazz compostelán, recoñecido a nivel mundial, Abe Rábade.
MUSICAV pechará a súa primeira edición o próximo 30 de novembro cunha xoia do cine, a película muda ucraína Earth (Terra). Trátase así dunha cláusula cinematográfica comprometida coa arte e a cultura de Ucraína e universal. A proxección da cinta acompañarase de música en directo ao piano de cola máis músicos da Orquestra 430, con presenza do seu creador Luke Corradine, compositor británico especializado en música de cine e multipremiado nesta faceta. A estrea desta obra supón a súa estrea absoluta en España.
As entradas para este espectáculo custarán 12 euros por concerto e existe un abono para os catro concertos por un prezo de 40 euros. As entradas só poderán adquirir de maneira exclusiva a través de internet, na plataforma Ataquilla.com
MUSICAV convértese así no comezo dun Ciclo de Música no outono de cita anual co obxectivo de consolidar como unha referencia musical e cultural.
Escribe o teu comentario