Viñas Horta, inocente de abuso sexual á actriz Iria Pinheiro
O Xulgado do Penal número 1 de Santiago de Compostela absolveu ao que era director do programa de televisión 'Con amor e compañía', José Luís Viñas Horta, dos delitos de acoso sexual, acoso laboral e abuso sexual aos que se enfrontaba por mor das acusacións da actriz Iria Pinheiro.
A sentenza asinada polo xuíz Luís Aláez o pasado 23 de xuño, e declarada firme en auto do 11 de setembro, sinala que "realizar un traballo cunha persoa coa que non se está ou non sente a gusto non é acoso".
"O 'ego artístico' de Iria invisibiliza a liberdade creativa ou interpretativa de José Luís fóra dos canons que ela considera axeitados e imposibilita a crítica", abunda o xuíz.
A actriz Iria Pinheiro denunciara en 2018 ao director do programa por acoso, pero o Xulgado do Social número 3 de Santiago xa desestimara a demanda ao constatar que non existira "ningún indicio" de acoso sexual nin "vexatorio". Así mesmo, determinara que a actuación da produtora ao coñecer os feitos fora "correcta".
Escribe o teu comentario