O Festival TerraCeo bota o peche cunha marca de 11.000 asistentes e unha V Edición no forno

A organización anuncia que traballa na edición do ano que vén despois de traer a Vigo a Arde Bogotá, A A Love You ou Julieta Venegas. 


|

Unnamed (38)
Foto: TerraCeo

 

Música coas Illas Cíes de fondo, cun atardecer de ilusión de pano e co único teito das estrelas que nos arroupan. Se xa o escenario é idílico, os invitados a formar parte do Festival TerraCeo non desmerecen nin moito menos o lugar. Na súa última edición o festival vigués congregou a 11.000 persoas na terraza do Aduditorio Mar de Vigo en decenas de concertos únicos que fan deste o festival máis longo de Galicia, con actuacións de maio a setembro e con éxito de crítica e de público. 

 

Totalmente asentado na cidade e na oferta cultural de Galicia, o TerraCeo é unha experiencia para o público pola oportunidade que supón para estar tan preto das súas bandas favoritas. Deixaron pegada no Auditorio formacións de primeira liña como Arde Bogotá, A A Love You, Tinariwen ou !!! (Chk Chk Chk), así como artistas internacionais da talla de Julieta Venegas ou apostas locais como Hard GZ, encargado de botar a persiana até o ano que vén. 

 

Unnamed (37)
Foto: TerraCeo


Unha mestura de estilos que fixeron vibrar aos asistentes e situaron a Vigo como capital da música durante todo o verán. Visto o resultado, os organizadores xa anuncian que o TerraCeo ten moita corda e que xa está en marcha a confección da V Edición. O escenario é inmellorable; a programación incontestable. Preparados para que volva o tempo de terrazas. 
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE