O Son do Camiño presenta Cashless, o novo método de pago do festival
Será a única forma de pagar dentro do festival e aqueles que recarguen a súa pulseira desde agora terán un 10% de saldo extra
A organización do Festival Son do Camiño segue traballando na recta final até a súa celebración, en todo tipo de iniciativas e melloras para que a experiencia do seu público, siga sendo "a mellor do ano", como o é, afirman, para decenas de miles de persoas que se reunirán un ano máis no Monte do Gozo os próximos 15, 16 e 17 de xuño.
Así, desde o propio festival anunciaron unha das grandes novidades da edición deste 2023, a implantación do sistema cashless como único sistema de pago dentro do festival. Isto mellora a experiencia do público en canto á comodidade, seguridade e velocidade. Grazas a este sistema, indican desde a organización, "O Son do Camiño dá un paso máis a favor da sustentabilidad, un dos maiores retos nos que se iniciou o festival desde a súa primeira edición.
Este sistema será aceptado durante todo o festival e o diñeiro non consumido durante o mesmo será totalmente reintegrable, ademais de que o festival pon en marcha unha promoción coa que o seu público xa pode precargar as súas pulseiras, obtendo un 10% extra.
As pulseiras poden cargar online, tras a adquisición da entrada ou abono. Poderá recargase antes do festival, durante o mesmo ou cando estea sen actividade, sen ningún límite de cantidade. Estas pulseiras serán entregadas no control de acceso do festival, unha vez validada a entrada. Se non se recargou online, tamén se entragará durante o control de acceso, pero sen saldo.
Esta pulseira supón o único método de pago, non só para a comida, senón tamén para o merchadising ou os postos de comida.
Escribe o teu comentario