Programa do V Friulio Castrexo-Romano de Friol: batallas, desfiles, concertos, xogos populares, vodas...
Unha nova edición da festa de Friol para celebrar a herdanza castrexa e romana da localidade e a provincia de Lugo.
Lexións de romanos e castrexos veranse as caras en pleno S. XXI en Friol do 13 ao 14 de maio. Unha cita histórica que quere reivindicar o legado romano da localidade lucense na V Edición do Friulo Castrexo-Romano, un evento que recrea o modo de vida dos dous pobos e as súas batallas en terras galegas. Asociacións de recreación histórica e centenares de persoas reuniranse durante un fin de semana para dar vida varios milenios despois ao asedio castrexo nun asentamento no que non escatimarán en detalles para esta viaxe no tempo.
Sen axuda dun DeLorean, a transformación de Friol abrirá as súas portas o sábado 13 de maio ás 10:30 horas coa apertura do asentamento castrexo, onde se encontratá tamén o mercado e os distintos talleres. Ao longo da mañá entrarán no asentamento os clans castrexos e as tropas romanas, que celebrarán escaramuzas e o tradicional 'Asedio ao Friulio' ás 19:30 horas.
Ademais de guerrear, na xornada do sábado celebraranse distintos obradoiros, comidas castrexas, xogos populares para os máis pequenos ou tiro con arco.

O domingo 14 de maior o recinto abrirá ás 11 horas coa celebración de máis talleres e mesmo dunha "voda galaica". A 'Liorta polo Tesouro do Castro Frioulo' será a gran batalla que clausurará un edición na que tampouco faltará a música, con concertos de The Nunzia's Virtual Project o sábado, ou con Son de Lugh e Xesta Verde a cargo das sesións de vermú sábado e domingo respectivamente.
Escribe o teu comentario