SÉS saca á luz 'Para cando eu morra', o segundo tema do seu novo disco
O disco completo será publicado o próximo 25 de novembro
A cantautora coruñesa María Xosé Silvar, máis coñecida como SÉS, lanzou esta mañá o seu novo videoclip da canción 'Para cando eu morra'. Trátase dun avance do seu novo disco, 'Diante un Eco', que se foi publicado ás 12:oo horas de hoxe na canle de YouTube da artista.
Diante un Eco é o oitavo traballo de SÉS nunha extraordinaria carreira de once anos que a consolida como un dos principais referentes da escena musical en Galicia .
O traballo sairá na súa totalidade o vindeiro venres 25 de novembro. O seu título, Diante un Eco, fai referencia á concepción cíclica da historia, tristemente avalada por derívaa sociopolítica dos nosos días.
SÉS ten proximamente confirmados varios concertos. Este ano poderemos ver á artista galega no Palacio da Ópera da Coruña, o 10 de decembro, e en Santiago , no Auditorio de Galicia, o 17 de decembro. A partir de xaneiro do 2023, poderemos tamén gozar dos seus concertos en Lugo (Sala Trebas, o 14 de xaneiro), Ourense (Auditorio Municipal, o 21 de xaneiro), Vigo (Auditorio Afundación, o 28 de xaneiro), Narón (Auditorio, o 3 de febreiro), Madrid (Festival das Estrelas, en febreiro) e Ponferrada (Teatro Bergium, o 15 de abril).
A través da páxina de Facebook de SÉS pódense comprar as entradas para cada uns dos concertos desta xira, que está financiada a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Escribe o teu comentario