Arde un coche estacionado nunha rúa de Melide
O suceso produciuse sobre as 05.50 horas deste domingo na rúa Campos
Os bombeiros do parque provincial de Arzúa extinguiron as chamas dun vehículo estacionado nunha rúa do municipio coruñés de Melide.
O suceso produciuse sobre as 05.50 horas deste domingo na rúa Campos. Ademais, os efectivos tiveron que arrefriar a zona porque as chamas afectaron a unha pequena zona de vexetación anexa ao incendio.
No operativo tamén interveu a Garda Civil.
Escribe o teu comentario