Un coche estrélase contra o escaparate dunha tenda en pleno centro da Coruña

A pesar da aparatosidade do sinistro, que implica a outro turismo, só hai que lamentar unha persoa ferida leve.


|

GmULcQlbcAAbT0w
Foto: @g24noticias

 

Un coche quedou encaixado este martes nun escaparate da Coruña tras unha colisión entre dous turismos, co resultado dunha persoa ferida leve.

Segundo informou a Europa Press a Policía Local, o sinistro produciuse sobre as 07.25 horas na praza de Pontevedra, na confluencia coa rúa Teresa Herrera.

Tras unha colisión entre dous vehículos, un deles quedou encaixado no escaparate dunha tenda de venda de móbiles situada na zona.

Ademais da Policía Local, ao lugar desprazouse Urxencias Sanitarias 061 que trasladou a unha muller de 37 anos, que resultou ferida leve. Sobre unha hora despois, xa non quedaba ningún dos vehículos implicados na zona.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE