A DGT inicia este luns en Galicia unha campaña de control sobre o uso do cinto de seguridade e retención infantil
O obxectivo é concienciar sobre a importancia do uso dos sistemas de retención homologados. Así, segundo os últimos datos de l DXT, en Galicia o 20% das persoas que faleceron en accidentes de tráfico en turismo en 2024 non tiñan o cinto posto
A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) inicia desde este luns unha campaña especial de control e vixilancia sobre o uso do cinto de seguridade e retención infantil que se estenderá até o vindeiro domingo 16 de marzo.
O obxectivo é concienciar sobre a importancia do uso dos sistemas de retención homologados. Así, segundo os últimos datos de l DXT, en Galicia o 20% das persoas que faleceron en accidentes de tráfico en turismo en 2024 non tiñan o cinto posto.
Os datos, indicou a Delegación do Goberno en Galicia, son "especialmente preocupantes" xa que o uso do cinto reduce á metade o risco de falecemento en caso de accidente e nun 77% en caso de envorcar o vehículo.
A capacidade de protección do cinto é igualmente efectiva respecto de todos os ocupantes, pasaxeiros que viaxen nos asentos dianteiros e tamén nos traseiros.
A campaña consistirá nun incremento dos controis coa utilización do máximo número de medios humanos e materiais dispoñibles.
Así mesmo, sempre que sexa posible, tanto os paneis de sinalización variable como as pantallas alfanuméricas dos vehículos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil advertirán aos condutores da existencia próxima de controis.
DATOS DA PASADA CAMPAÑA
Na campaña do pasado ano controlaron 49.853 vehículos en Galicia dos cales 1.030 foron denunciados. Dos vehículos controlados, 44.528 eran turismos (854 denuncias); 1.061 eran taxis (dúas denuncias); 716 foron autobuses (11 denuncias) e 3.548 eran vehículos de transporte de mercadorías (163 infraccións).
Escribe o teu comentario