​O Ballet Clásico de Cuba chega o 25 de xaneiro á Coruña

Na súa xira inclúen case unha vintena de cidades españolas.


|

Ballet cuba


O Ballet Clásico de Cuba ofrecerá o próximo 25 de xaneiro na Coruña o espectáculo Carmen, nun xira que incluirá case unha vintena de localidades españolas, segundo informan os seus promotores.


En concreto, a partir do 18 de xaneiro o Ballet realizará unha xira que incluirá cidades como Madrid, Granada, A Coruña, León, Zamora, Burgos e Pamplona, entre outras.


Sobre este espectáculo, avanzan que se trata de "a Carmen orixinal de Merimée, coa estética do mundo en que vivimos". "Na súa música tamén atoparemos a actualidade, nas notas de Radio Tarifa, entrelazadas coas de Bizet e Edward William Elgar", engaden.


Peter Breuer, actual director do Ballet de Salzburgo, asina esta coreografía, galardoada en 2005 co Premio da Fundación Maya Plisetskaya. Tamén explican que "a Carmen do Ballet Clásico de Cuba non conta a historia dunha muller fatal, senón a dunha muller apaixonada, que atopa na sociedade que a rodea un marco estreito de comportamento".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE