​O dicionario online da RAG pecha 2017 con 20,5 millóns de procuras

As dúbidas de léxico consultadas son un 42% máis que o ano anterior e superan as 56.000 procuras diarias.


|

Dicionario


O Dicionario da Real Academia Galega (RAG) pechou 2017 co maior número de consultas desde a posta en marcha da súa versión dixital en 2013, ata os 20,5 millóns de procuras. Esta cifra supera nun 42 por cento as cifras de 2016 e supón unha media diaria de 56.000 accesos.


A través dun comunicado, a institución académica asegura que este balance "confirma a consolidación do dicionario como unha ferramenta cotiá imprescindible da lingua galega para un crecente número de persoas", sinala.


Por outra banda, explica que o dicionario alcanzou o ano pasado desde 'academia.gal' "os 1.059.472 usuarios únicos, case 192.000 máis que en 2016".


MÁIS DE 56.000 TERMOS


En concreto, alude ás persoas que cada día fan uso desta ferramenta para acceder aos significados de máis de 56.000 termos tanto a través da páxina web como do 'Portal das Palabras', un proxecto de modernización do traballo lexicográfico da RAG e a Fundación Barrié.


Así mesmo, engade que, ás máis de 20,5 millóns de consultas rexistradas desde ambas as webs, hai que sumar as case dous millóns de visualizacións que rexistraron as aplicacións do dicionario para Android e iOS, cunhas 70.000 descargas.


relacionada A Deputación da Coruña financia un plan en defensa da lingua
relacionada Unha aplicación móbil servirá para impulsar a recuperación da 'microtoponimia'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE