Unha aplicación móbil servirá para impulsar a recuperación da 'microtoponimia'

A ferramenta aínda está en desenvolvemento, pero aspira a reunir o millón de topónimos do rural galego.


|

ToponimizatePresentación de Toponimízate.

Un novo programa de promoción da lingua galega animará á cidadanía a colaborar na recuperación da toponimia histórica de Galicia, sobre todo de nomes de lugares dentro de cada concello, a través dunha aplicación móbil que poderá utilizarse tanto no teléfono como en tablets e computadores.


Esta ferramenta, que está a ser desenvolvida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), ofrecerá diversos modos de participación e axustarase á idade e especialización do usuario para que todo o mundo poida achegar o seu gran de area na preservación do patrimonio.


Xesús Ferro Ruibal, investigador e experto do Centro Ramón Piñeiro, centrou estas actuacións na chamada 'microtoponimia', un termo que aglutina todas as denominacións de lugares, fontes ou terreos, entre outras, que forman parte dos municipios.


Esta parte dos topónimos galegos condensa "boa parte da historia" dos núcleos de poboación do territorio, dado que a maioría destas denominacións se referían a actividades económicas que se realizaban na o zona, ou algún feito e característica singular.


A deriva histórica e a evolución da sociedade, que pasou dunha marcada presenza nas zonas rurais aos núcleos urbanos, está a provocar a desaparición de toda esta terminoloxía "pola falta de memoria" e de accións de conservación.


O obxectivo desta campaña é avanzar na recuperación e na preservación desta "documentación" da historia que gardan estes nomes de lugares, co obxectivo de que sexa "almacenada para o seu estudo".


Neste sentido, apelou á riqueza terminolóxica de Galicia, calculada en preto do millón de topónimos, e que a sitúan como un "territorio moi vivido". O experto en toponimia da Real Academia Galega, Vicente Feijóo, valorou nesta liña que Galicia conta "coa maior densidade" de topónimos "de toda Europa".


CONCIENCIACIÓN SOCIAL


Así mesmo, Ruibal insistiu na aplicación práctica destes termos en cuestións de emerxencias, por exemplo, dado que permitiría contar con mapas moi completos e unha xeolocalización máis específica.


Para concienciar a sociedade da importancia destes traballos, o filólogo Vicente Feijóo protagonizará unha serie de charlas por preto dunha quincena de municipios, nas que tamén se lles explicará aos cidadáns interesados a forma de usar a aplicación electrónica.


Estas conferencias chegarán ata A Coruña, Arteixo, Boqueixón, Lousame, Melide, Miño, Vedra, Palas de Rei, Sober, Viveiro, O Carballiño, Ourense, Cangas, O Grove e Silleda.


O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou que se trata da primeira fase desta campaña e que, co lema 'Toponimízate', realizarase no que queda de ano, arrincando en Ourense este mesmo xoves. Así, considerou que a iniciativa "marcará un antes e un despois" nos traballos de recuperación terminolóxica.


relacionada O Goberno defende que os mapas de xeolocalización usen topónimos "en castelán"
relacionada A Xunta pedirá ao Goberno e a Google Maps que respecten a toponimia galega

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE