O Goberno esquiva culpas pola nevada na AP-6 mentres segue sen ceder coa AP-9

|

Nevada autoestrada ap6O Executivo usa argumentos contraditorios coa AP-9.


A nevada que caeu esta fin de semana na Meseta e que atrapou a centenares de condutores e pasaxeiros na AP-6 tamén provoca contradicións nos argumentos do Goberno para quitar de enriba a súa parte de culpa.


O director xeneral de Tráfico, Gregorio Serrano, xustificou que o seu papel preventivo era unicamente o de dar información. "Lanzáronse máis de 4.000 mensaxes en paneis de información sobre como planificar a viaxe e de non circular por determinadas vías", explicou.


Así, atribuíu que a citada estrada se converteu "nunha rateira" por "múltiples causas", como a decisión "pouco acertada" de condutores de poñerse en circulación a pesar das advertencias da DXT.


Ademais, Serrano escusou a tarefa do Goberno afrmando que aínda que "a DXT ten a competencia de controlar miles de quilómetros de estradas, a AP-6 é unha autoestrada de peaxe que ten o seu propio centro de xestión". "A xestión ante unha avalancha de vehículos é unha cuestión que corresponde ao operativo diario da concesionaria", remachou.


Argumentos que chocan con algúns dos que desde o Executivo de Rajoy se lanzan para xustificar o veto ao traspaso da AP-9 a Galicia. Ademais do aspecto económico, o Goberno resalta sempre a importancia estrutural da arteria que une o norte e o sur de Galicia. É dicir, á vez que nega a cesión a autoestrada para a titularidade autonómica pola súa importancia para a rede de estradas do Estado, recoñece que as súas competencias nas autoestradas de peaxe son pouco máis que informativas.


Le máis sobre as explicacións da DXT en Pressdigital.


relacionada Feijóo baixa os brazos ante un novo 'non' de Fomento á cesión da AP-9
relacionada A oposición non compra as escusas de De la Serna coa AP-9
relacionada Rajoy continúa a súa xira de inauguracións na AP-9 entre berros de "estafa"
relacionada O BNG recurirrá o veto "antidemocrático" ao debate sobre a "estafa legalizada" da AP-9

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress