A oposición non compra as escusas de De la Serna coa AP-9

En Marea considera "unha burla" que se "utilice a Cataluña", o PSdeG pide a Feijóo que recupere a "credibilidade" e o BNG repróchalle que aplauda "os incumprimentos".


|

VillaresleiceagapontonA oposición fala de "propaganda".

O portavoz de En Marea, Luís Villares, considerou este luns "unha burla" a argumentación feita polo ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para eludir a transferencia da AP-9 a Galicia, "utilizando" para iso a cuestión catalá.


Villares criticou o papel de Feijóo na reunión co ministro, xa que decidiu "equivocarse de bando outra vez". "En lugar de ser o presidente da Xunta, decidiu que tiña que apoiar a desculpa do ministro e converteuse en delegado do goberno de España", criticou.


Finalmente, Villares preguntouse como pode afectar o traspaso da autoestrada a Galicia á cuestión territorial española cando "Cataluña xa ten transferida unha autoestrada en situación análoga á galega".


CREDIBILIDADE


O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, pediulle este luns ao presidente da Xunta que "recupere a credibilidade" e esixa ao ministro de Fomento a retirada do "veto".


Leiceaga dixo a Feijóo que "todo o demais" en relación a esta infraestrutura será "unha decepción e unha claudicación".


"O ministro veu a Galicia a lavarse a cara, pero con pouco xabón", subliñou o socialista, para quen os 6 millóns comprometidos polo Goberno para asumir as peaxes da Barcala e Rande son "unha esmola" en comparación coa "redución do investimento" na comunidade.


APLAUDE OS INCUMPRIMENTOS


Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cargou contra o presidente galego por ir este luns "de ganchete" co ministro de Fomento "aplaudindo os incumprimentos" do Goberno central con Galicia en materia de infraestruturas.


"Por respecto e dignidade, (De la Serna) hoxe tiña que anunciar o levantamento do veto ao traspaso da AP-9", aseverou a nacionalista, para logo incidir en que é "vergoñoso" que o Goberno español bloquee o debate nas Cortes da lei galega para a transferencia desta infraestrutura, aprobada por unanimidade no Pazo do Hórreo.


Para Pontón, a visita de De la Serna --"o ministro dos atrasos do AVE"-- é "o vivo retrato da discriminación do Estado con Galicia", exemplificada nun "regueiro de incumprimentos". Por todo iso, reclamou "compromisos reais e menos propaganda"

relacionada Feijóo baixa os brazos ante un novo 'non' de Fomento á cesión da AP-9
relacionada Goteo de anuncios de Fomento para non dar o brazo a torcer coa AP-9

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE