Rivera vese con opcións de chegar á Moncloa e xa prepara as autonómicas e locais

|

Riverarajoycongreso 1


O 21D supuxo un golpe sobre a mesa para Cidadáns, un partido que ata as eleccións xerais do 2015 non tiña representación no Congreso e que agora aspira a chegar ata A Moncloa. A formación liderada por Albert Rivera quere aproveitar a súa boa serie e xa empeza a preparar as eleccións autonómicas e municipais de 2019, coa súa xestión da crise catalá como aval.


Por medio do seu secretario xeral, José Manuel Villegas, a formación laranxa ha manifestado que aspira a gobernar España tras as próximas eleccións xerais e que o PP e o PSOE están "preocupados, e con razón” á vista do ritmo tomado por Cs. Ademais, Villegas emprazoulles a “facer autocrítica” para saber “que fixeron mal estes anos”.


Ante a posibilidade de que Cs tivese que negociar con outros partidos para chegar á Moncloa, Villegas dixo que buscarán os apoios necesarios, pero non aclarou se preferiría como socio ao PP ou ao PSOE. "Nós o que queremos é gañarnos a confianza dos cidadáns e que nos voten. Logo xa veremos onde poñen a cada un” indicou o secretario xeral dos laranxas. 


Amplía a información en CatalunyaPress.

relacionada Os independentistas revalidan a maioría absoluta en Cataluña
relacionada Ciudadanos pide a presidencia do Parlament por ser a forza máis votada
relacionada PP e Cidadáns cruzan declaracións en Twitter polo 'Caso Diana Quer'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress