Os independentistas revalidan a maioría absoluta en Cataluña

Cunha participación histórica, Ciudadanos revélase como primeira forza nun parlamento catalán que lle permitirá ao bloque soberanista formar goberno.


|

Escrutinio, con datos da Generalitat.


Ciudadanos revélase como primeira forza no parlamento catalán que sae destas eleccións autonómicas, mentres que o bloque independentista formado por JuntsxCat, ERC e a CUP revalida a maioría absoluta que lles permite formar goberno, aínda que con 70 deputados, dous menos que en 2015.


Co escrutinio concluido, Cs sitúase como o partido máis votado, aínda que durante a noite foi rivalizando con JuntsxCat. A formación liderada por Inés Arrimadas obtén 37 escanos, unha vitoria estéril, mentres que a lista de Carles Puigdemont se fai con 34 e ERC consegue 32. Estes 66 son catro máis que os que obtiveron en coalición, nun contexto no que os comicios se formularon como un aval ao proceso independentista ou á aplicación do artigo 155 da Constitución.


O PSC consegue 17 deputados e o grupo de CatComú-Podem faise con 8 escanos, mentres que a CUP e o PP quedan con 4 e 3 deputados, resultado que envía as dúas formacións ao grupo mixto.


PARTICIPACIÓN HISTÓRICA


A participación bateu récord nuns comicios autonómicos en Cataluña co 81,95% dos 5.554.394 cataláns chamados ás urnas, un resultado que se sitúa sete puntos por encima respecto dos comicios do 27 de setembro de 2015.


O delegado do Goberno en Cataluña, Enric Millo, dixo en rolda de prensa que os resultados mostran "un Parlament plural que obriga a un traballo e esforzo das diferentes forzas políticas para conseguir a futura designación dun Govern por Cataluña".


Sigue a noite electoral en directo en Catalunyapress.


relacionada Os cataláns votan para tratar de buscarlle solución á fractura social
relacionada ​O Goberno mobiliza un dispositivo de 15.000 axentes para as eleccións catalás
relacionada Máis de 77.000 galegos están chamados a votar nas eleccións catalás

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE