Un home estafa 44.000 euros ao vender un mesmo iate dúas veces

|

Iate


A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este martes un xuízo contra un home ao que se acusa dun delito de falsidade documental en concorrencia cun de estafa, por vender unha embarcación a un terceiro, a pesar de que esta xa fora vendida anteriormente a unha empresa.


Segundo figura no escrito de acusación do Ministerio Fiscal, o acusado, C.T.V., "guiado por un ánimo de enriquecemento ilícito", vendeu o pasado 16 de febreiro un pequeno iate, propiedade de dúas persoas, a un terceiro, por un prezo de 44.000 euros, a propósito de que os donos do barco xa o venderan semanas atrás a unha empresa (nunha operación na que o propio acusado actuou de intermediario).


Para formalizar a venda fraudulenta, o acusado estampou no contrato dúas firmas que simulaban ser as dos propietarios da embarcación, sen o coñecemento destes, para inducir a erro ao comprador. Este, confiando, realizou dúas transferencias de 39.000 e 5.000 euros en favor do acusado.


Por estes feitos, a Fiscalía acusa a C.T.V. dun delito de falsidade en documento mercantil, en concurso ideal cun delito de estafa, e pide que sexa condenado a 2 anos e 8 meses de prisión, ademais de que se lle impoña unha multa de 1.420 euros.


O ministerio público entende que concorre a circunstancia atenuante de reparación do dano, dado que o acusado xa devolveu 25.000 dos 44.000 euros supostamente estafados.


relacionada Detido un home por estafar a anciás mediante un imposto falso
relacionada Trece detidos por vender coches de luxo cos quilómetros rebaixados

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress