Trece detidos por vender coches de luxo cos quilómetros rebaixados

|

CochesestafaManipulaban vehículos de alta gama.


A Garda Civil desmantelou un grupo criminal organizado asentado en Lugo que se dedicaba á compra venda de vehículos de luxo cos contaquilómetros rebaixados. No operativo foron detidas trece persoas de orixe romanesa e con domicilio en Lugo.


Segundo informa o Instituto Armado, as investigacións levadas a cabo polo GIAT do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo e a Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra concluíron coa desarticulación dun suposto grupo criminal asentado en Lugo e composto polas 13 persoas detidas.


As investigacións determinaron que as persoas detidas estaban relacionados con 121 vehículos aos que se modificaron os quilómetros que figuraban no odómetro co fin de obter maiores beneficios no mercado de vehículos de ocasión, nos que nalgún dos casos se manipularon os Cartóns de Inspección Técnica a fin de ocultar os quilómetros e estado do vehículo, "co consecuente engano para o comprador", concreta a Benemérita.


Todas as persoas detidas manteñen lazos familiares e de amizade e son de nacionalidade romanesa. En concreto, trátase de oito homes e cinco mulleres de idades comprendidas entre os 22 e os 46 anos.


Ao grupo desarticulado atribúenselle desde o ano 2014 a finais do 2016 un total de 121 vehículos aos que se rebaixaron, polo menos, 30.000.000 de quilómetros. A Garda Civil estima que resultaron prexudicadas 145 persoas repartidas por toda España.


A dispersión xeográfica dos afectados, explican as mesmas fontes, obrigou a coordinar as actuacións con numerosas unidades da Garda Civil repartidas por todo o territorio nacional. Tamén se empregaron "ferramentas de cooperación internacional vía Europol coas autoridades de Romanía", engaden.


LUCRO ILÍCITO


Tras a análise das operacións de compravenda de vehículos púidose constatar que o grupo de persoas investigadas obtería un lucro ilícito de polo menos 200.000 euros.


Os detidos, aos que se lles acusa da suposta comisión dos delitos de estafa, falsidade documental e pertenza a un grupo criminal, foron postos en liberdade coa obrigación de comparecer, cando sexan citados, ante o Xulgado de Instrución Número 2 de Lugo.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress