'Peter Brandon' trae a sátira do audiovisual galego a Youtube

|


Peter


A webserie galega 'Peter Brandon', un proxecto da firma coruñesa Porco Bravú protagonizado polo cómico Pedro Brandariz, estréase este domingo 'online'. A comedia, ao estilo falso documental, satiriza o sector audiovisual galego a través duns personaxes inadaptados e mostra a vida dun cómico fose do escenario.


Conta cunha repartición con distintos coñecidos actores galegos como Xosé Touriñán, Marcos Pereiro, Miguel de Lira, Evaristo Calvo, María Tasende, David Amor e Isabel Risco, entre outros.O lanzamento da serie poderase seguir  na canle de Youtube da produtora Porco Bravú e a emisión en directo contará con varios pases, así como coloquios cos actores e o equipo técnico.


A webserie conta o cambio que vive Pedro, quen farto do seu traballo decide emprender un novo camiño a través da identidade de Peter Brandon para alcanzar o seu soño de presentar un 'late night' en Galicia.

relacionada Anota estas datas se non queres perder ningunha cita coa lectura
relacionada A estrea do himno galego na Habana cumpre 110 anos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress