A estrea do himno galego na Habana cumpre 110 anos

A RAG celebra o mércores un acto que serve tamén como broche ao centenario do falecemento de Pondal.


|

Centro galego habanaPalacio do Centro Galego da Habana. Foto: Emprego.gob


A Real Academia Galega celebrará o vindeiro mércores un acto para conmemorar o 110 aniversario da estrea do himno galego, que foi presentado o 20 de decembro de 1907 na capital cubana, A Habana.


A sede da RAG na Coruña acollerá un acto literario e musical que contará coa presenza dos académicos Fernando López Acuña e Ramón Villares. Queiman e Pousa serán os encargados de poñer a nota musical á velada, que concluirá coa interpretación do himno galego.


O Gran Teatro da Habana foi o escenario da estrea pública do himno, con letra do poema 'Os Pinos' de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga, quen organizou un certame xunto ao Orfeón coruñés en 1890 onde xurdiu o canto.


Con este acto a RAG pon o broche á celebración de centenario do falecemento de Eduardo Pondal, unha efeméride na que a academia publicou unha antoloxía da obra poética do autor nado en Ponteceso en 1835.


relacionada ​O himno galego pasa unha revisión polo seu cento décimo aniversario
relacionada Ponteceso lembra a Eduardo Pondal no centenario da súa morte
relacionada Pondal, imaxe do cupón da ONCE con motivo do centenario do seu falecemento

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE