O erro de Tagore

Jose Luis Fernandez Diaz
Colaborador

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. 

Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.

Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras. 

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

Pensamientofilosofi


Sempre me chamou a atención a boa acollida que ten e tivo a Obra de Tagore en España ao longo dos tempos, a pesar de que segundo nos relata o profesor Shyama Frasad Ganguly da Universidade Jawaharlal Nehru de Nova Deli, a maior parte de Occidente sufrise un desengano maiúsculo co seu pensamento (expresado no correspondente rexeitamento en Europa), tras outorgarlle a Academia Sueca o Premio Nóbel en 1913. Os seus cegos seguidores opinan que foi debido ás traducións do bengalí, e aínda que non lles falta razón, sempre eluden citar as consecuencias políticas e sociais que supoñerían as súas ideas. Quen ouse someter a tea de xuízo a Obra literaria de Tagore non sairá ben parado, xa que no seu conxunto é deliciosamente fantástica, aínda así escritores de prestixio como Gabriel García Márquez e Octavio Paz non dubidaron en criticala; este último aseguraba que Tagore “é un gran artista pero non é un pensador”. Un pensador crea e busca un pensamento novo e coherente, sendo á vez todo o discutible que se queira e este non é o caso de Tagore.


Entre as súas ideas estaban as interpretadas por Ortega e Gasset, tomando como construción epistemolóxica o novo humanismo baixo a orla da razón vital, aplicada ás Obras literarias de Thakur. Se había un bo amigo do poeta indio en España, ese era Juan Ramón Jiménez, pero o único que se atreveu a facer unha análise esexético profundo fora Ortega, e grazas a el coñecemos o erro de Tagoriano. Tagore tivera como gran mestre ao seu avó Duarkanaz e ao seu pai Drebendranaz, que loitou contra o Protestantismo en 1845, ante o avivamento de conversións levadas adiante polo Dr. Duff, da Igrexa Escocesa. Paradoxalmente os estreitos colaboradores de Tagore serían Protestantes e deles non aprendeu a falar do seu sol, do seu ceo e das súas flores, senón máis ben todo o contrario. O artista indio tentou buscar unha relixión sincrética que combinase ao Creador co home e escorregando pacíficamente atopouse co novo humanismo para acabar nun claro PANTEÍSMO.


A razón de que as súas Obras fosen tan ben arroupadas en España, razón que polo visto ninguén se atreve a relatar, foi que o kraussismo ou PANENTEÍSMO (do grego Pan- en- teismo-todo está en Deus-), arraigara neste país con moita forza. Tanto que fora orixe da filosofía da ILE (Institución Libre do Ensino) e combinaba excepcionalmente ben co culto por todo o relativo á infancia. Os nenos serían motivo de veneración do mesmo xeito que se reflectía nas Obras Tagorianas de “O carteiro do Rei” ou “A Lúa Nova”. Estas ideas eran continxentes coas correntes filosóficas Europeas, entre elas o positivismo que se impuxo na segunda metade do século XIX, pero tamén eran diametralmente opostas ás doutrinas Protestantes e á mesma Biblia, que tanto influíra en Tagore. Esta postura PANTEISTA (Do grego Pan- teismo- Todo é Deus), foi atacada e tivo unha fronte aberta formada por figuras como Emilia Pardo Bazán e Eugenio D’Ors, ademais dun bo número de xornalistas e críticos. A Pardo Bazán, con bo criterio, afirmaba que emular a súa filosofía non era outra cousa que divinizar as súas experiencias e emocións persoais. Persoalmente creo que todos os seus erros resúmense nesta frase ao que Ortega engade falando de ”O carteiro do Rey”: “ Todos os grandes espíritos souberon escoitar... a alegría e o neno que levamos dentro”. Cando lin o libro de Tagore titulado “Cristo”, deime conta que Ortega tiña razón. O pensamento Tagoriano non era novo e o seu panteísmo chocaba frontalmente coas palabras do mesmo Xesús ao afirmar en Xoan 14:6 “Eu son o Camiño, e a Verdade e a Vida, ninguén vén ao Pai senón polo meu”.


Ninguén é perfecto, é certo, pero ante tanta erudición literaria como hai en Tagore, é todo un enigma a súa frase “se pechas a porta a todos os erros, deixarás fóra a verdade”. Pregúntome: que verdade?


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE