No Dépor xa encaran os partidos coma finais

|

Sideni adestroSidnei, nun adestramento. Fonte: RC Deportivo


A mala xeira do Dépor e a imaxe de fraxilidade que dá nos partidos fai ao equipo encarar o próximo encontro como unha final, cando aínda faltan xornadas para chegar ao ecuador da liga.


Sidnei expresou á prensa que "os outros equipos cometen erros e os nosos estamos a pagalos moi caro. Temos que traballar e seguir crendo na nosa idea e no noso equipo, que estou seguro que os puntos van chegar".


O central brasileiro advirte que o partido deste sábado ante o Leganés, na casa, "é moi complicado", pero que "a nós só nos interesan os 3 puntos. Imos saír polos 3 puntos".


Opina o defensor deportivista que é coma unha final, "porque xogamos na casa, coa nosa xente e necesitamos os puntos para nós e para darlle unha alegría á xente".


Do mesmo xeito que Lucas, Sidnei solicita centrarse nun mesmo e "buscar vitorias. Se non facemos o noso traballo, non serve de nada mirar aos demais. Temos que pensar soamente no noso equipo".


Está de acordo en cualificar como "pobre" a bagaxe do Dépor nestas 14 xornadas, con só 12 puntos. Iso si, lembra que houbo partidos como "o Málaga ou o Atlético que non merecemos acabar como acabamos".


relacionada Lucas Pérez: "Se empezamos a pensar xa nos de abaixo, mal imos"
relacionada Arribas pode ser o primeiro en saír en xaneiro
relacionada ​Un Dépor sen "moito que dicir" afúndese en Sevilla

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress