​Un Dépor sen "moito que dicir" afúndese en Sevilla

(2-0). As carencias en defensa volven custarlle outra derrota ao Dépor.


|

Lucas depor sevillaO Dépor só salva a primeira metade. Foto: RC Deportivo


"Non hai moito que dicir. Fainos falta competir moito mellor, senón é imposible". Cristóbal Parralo recoñeceu tras o partido contra o Sevilla as carencias do equipo, unido a que "virnos abaixo non entra nas nosas posibilidades".


E é que o Sevilla fíxose cedo co control do partido, como era de esperar, vendo o rumbo do Dépor. Os andaluces apropiáronse do balón, co Dépor esperando deixar algún escintileo en ataque obra de Adrián e Lucas Pérez.


Antes da media hora de partido, os ataques de ambos os equipos protagonizaron varias xogadas de perigo, aínda que as ocasións máis claras tivéronas os sevillistas pola fraxilidade defensiva que vén mostrando o equipo herculino.


E a insistencia tivo premio ao bordo do descanso. 1-0 para o Sevilla, co Dépor botando por terra unha primeira parte que puidera conter.


Os branquiazuis tiveron o empate pouco despois de volver de vestiarios, pero o Sevilla respondeu cunha boa ocasión, desbaratada por Rubén.


A partir de aí, o Dépor foi a menos, incapaz de incomodar aos locais nin de xerar opcións en ataque, a pesar da incorporación á hora de partido de Andone, que entrou por Borges.


E así chegou o segundo tanto sevillista, cun disparo de Krohn Deli que se lle coou por baixo do corpo a Rubén, cando parecían esquecidos os problemas na portería.


relacionada Arribas e Andone reciben o perdón de Parralo
relacionada ​O Dépor roza o remontada pero vaise da Copa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE