Telefónica continúa renovando a dirección das súas filiais con Venezuela e Perú

|

Telefonica edificio


O grupo Telefónica anunciou cambios na dirección das súas filiais en Venezuela e Perú, que se suman aos realizados pola compañía noutros países como Alemaña, Reino Unido ou Brasil, entre outras, desde que José María Álvarez-Pallete asumise a Presidencia do grupo de telecomunicacións en abril de 2016.


En concreto, a compañía nomeou a José Luis Rodríguez Zarco como novo presidente da operadora en Venezuela, en substitución de Pedro Cortez, quen foi designado conselleiro delegado da filial en Perú.


Telefónica remarca que Rodríguez Zarco, de orixe española, conta cunha traxectoria "consolidada" na empresa de telecomunicacións que comezou no ano 2001 cando ingresou como director corporativo de Seguridade en Telefónica Arxentina.


Posteriormente, o novo presidente da operadora en Venezuela ocupou a Dirección Xeral de Relacións Institucionais, Comunicación e Imaxe, e en 2016 regresou a España como director de Prevención de Fraude e Investigación.


Pola súa banda, Cortez leva máis de 20 anos traballando no grupo Telefónica, durante cinco dos cales ocupou da Presidencia da operación en Venezuela.


O novo conselleiro delegado de Telefónica Perú é economista con posgrao en Finanzas e desempeñou dentro do grupo os cargos de vicepresidente de Finanzas tanto en Perú como Venezuela.


relacionada Tuenti entra na pelexa das ofertas converxentes 'low cost'
relacionada Telefónica lanza a fibra óptica de plástico e realiza probas co wifi de 60Ghz

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress