Telefónica lanza a fibra óptica de plástico e realiza probas co wifi de 60Ghz

|

FibraopticaplasticoO novo cableado está en probas. Foto: Telefónica


Telefónica presentou un proxecto de innovación "pioneiro en España" baseado na fibra óptica de plástico (POF-Plastic Optical Fiber), unha solución para a conectividade do fogar de instalación sinxela e que garante ata 1Gbps aos clientes, segundo destacou a compañía.


Ademais, tamén co obxectivo de optimizar a conectividade, Telefónica mostrou as posibilidades da tecnoloxía wifi de 60Ghz, que ofrece conectividades teóricas de ata 4600 Mbps.


A fibra óptica de plástico é unha fibra de 1 mm de núcleo e 2,2 mm de diámetro en total que ofrece conectividade dentro do fogar a través dunha instalación sinxela (córtase cun cutter), sen conectores e cun custo bastante inferior ao da fibra de vidro. Para a súa instalación pódense utilizar todas as canalizacións existentes no fogar sen que haxa ningún risco ou inconveniente e é segura ao non poder ser interceptada e inmune ás interferencias.


Telefónica realizou unha proba piloto de fibra óptica de plástico en preto de 30 fogares con ata catro tomas de fibra en cada un deles cun despregamento de rede híbrida POF +Wifi con amplificador Smart wifi como punto de acceso para ampliar a cobertura.


O socio tecnolóxico de Telefónica nesta iniciativa é o provedor do chipset, KDPOF, unha startup española cuxa tecnoloxía logrou converterse na estándar Ethernet sobre fibra óptica plástica, segundo o IEEE (The Institute of Electrical and Electronics Engineers) e ETSI (The European Telecommunications Standards Institute).


Os elementos básicos da instalación, ademais da fibra de plástico, son a roseta/media-converter e o chipset de KDPOF no seu interior. A roseta mantén o enchufe, proporciona dous portos Ethernet e permítese conectar dúas ramas distintas de POF.


Co mesmo obxectivo de optimizar a conectividade, Telefónica está a realizar probas coa tecnoloxía Wifi de 60Ghz, que permite un largo de banda grande cun máximo teórico de 4600 Mbps. Esta nova tecnoloxía, segundo a compañía, ten diversos ámbitos de aplicación por exemplo a descarga rápida de contidos, o stream de vídeo de alta calidade sen descomprimir, wireless docking ou conectividade de dispositivos de realidade virtual.


relacionada Telefónica restablece a rede móbil afectada polos incendios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress