Plantéxanse melloras na pesqueira de sardiñas ante o seu posible peche

|


Sardinas 1



A través de “melloras” no plan de xestión conxunto entre España e Portugal, a Xunta pretende “manter aberta” a pesqueira de sardiña ibérica en 2018, segundo comentou a directora xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez.


O próximo 4 de decembro será a data límite para propoñer á Comisión Europea un plan plurianual de recuperación detallado da sardiña ibérica, co fin de manter a pesqueira nun nivel que asegure o crecemento da súa biomasa.


Mercedes Rodríguez explicou a incapacidade do Consello Internacional para a Exploración do Mar á hora de discernir as causas da caída do ‘stock’ de sardiña, con “niveis de recrutamento moi baixos” nos que “nin pechando a pesqueira durante 10 ou 15 anos” se recuperaría. A directora xeral de Pesca apunta a criterios ambientais como principais motivos.


As deputadas de En Marea e o BNG, Carmen Santos e Montse Prado sinalaron a pasividade da Xunta ante o posible peche da pesqueira o ano que vén, e incidiron nas “moitas familias” que dependen deste sector en crise.

relacionada Así se almacenaban en Fisterra 100 toneladas de peixes e marisco
relacionada Navantia construirá, xunto a Bath Iron Works, o novo proxecto da Mariña de EE.UU.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress