Así se almacenaban en Fisterra 100 toneladas de peixes e marisco

|

PescadomariscoilegalNeste estado atoparon o peixe.

Un operativo despregado polo servizo de Gardacostas, xunto coa Policía Autonómica e a inspección sanitaria, saldouse coa incautación de 100 toneladas de produtos pesqueiros nun local de Sardiñeiro, en Fisterra.


Entre eles atopábanse exemplares de diferentes especies de peixe, polbo e outros moluscos que carecían de documentación de procedencia, presentaban talla ilegal e non cumprían coas medidas de hixiene, mantemento e manipulación de alimentos.




Debido ás condicións nas que se atopaba non foi posible determinar a cantidade exacta de cada especie, aínda que en conxunto calcúlase nunhas 100 toneladas.


O control realizouse nun establecemento situado en Sardiñeiro, que incumpría as condicións mínimas de hixiene e non dispoñía de autorización para algunhas das actividades que alí se realizaban, como a compra/venda de peixe fresco.


O dono chegou a ofrecer resistencia á inspección, chegando a proferir insultos aos axentes desprazados no punto para verificar as condicións do local.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress