As restricións de tráfico poden chegar a áreas urbanas galegas

|

Traficocochescontaminacion


Ecoloxistas en Acción pediu medidas contra a contaminación como restrinxir o tráfico motorizado en todas as áreas urbanas que sofren episodios de elevada contaminación e que se advirta da situación aos sectores máis sensibles (nenos, anciáns e embarazadas e persoas con problemas cardiovasculares) para que se protexan evitando a exposición ao aire libre no serán, cando a contaminación é máis alta.


A ONG insta tamén os consistorios das cidades grandes e medianas así como ás comunidades autónomas que redacten plans de acción a curto prazo fronte a episodios de mala calidade do aire como o dos últimos días.


Neste contexto, Ecoloxistas destaca que só Madrid e Valladolid están a actuar fronte á contaminación atmosférica mentres que o anticiclón instalado sobre a Península disparando os niveis de dióxido de nitróxeno e partículas no aire urbano.


A asociación ve mesmo "máis preocupante" as partículas inferiores a 10 micras de diámetro (PM10) cuxo valor límite diario, establecido en 50 microgramos por metro cúbico, superouse ata este domingo de forma recorrente en A Coruña e outras 15 cidades españolas.


"COMPLETO SILENCIO"


A ONG critica que noutras moitas cidades con problemas similares estes días "gardan completo silencio". Entre elas, denuncia que en Barcelona, Xetafe, Guadalaxara, Salamanca, Sevilla e Zaragoza superouse do mesmo xeito que en Madrid o valor límite horario de dióxido de nitróxeno, establecido pola normativa en 200 microgramos por metro cúbico, sen que as súas autoridades locais adoptasen ningunha medida, nin informativa nin de limitación do tráfico urbano.


Isto débese, segundo a ONG á falta de plans de acción a curto prazo ou a que existen pero non os puxeron en marcha a pesar de superar os niveis de referencia, como a situación de aviso preventivo na área urbana de Barcelona, que foi omitida pola Generalitat.


Neste contexto, Ecoloxistas en Acción destaca a escasa sensibilidade das autoridades e a disparidade de criterios entre os plans de acción a curto prazo existentes e lamenta que excepto Avilés, Barcelona, Xixón, Madrid, Valencia ou Valladolid, a maior parte das áreas metropolitanas españolas carece deste tipo de protocolos de protección da saúde.


relacionada Un 85% de galegos apoian deixar o coche na casa en episodios de alta contaminación
relacionada A Xunta asegura que o nivel de gases invernadoiro en Galicia é inferior a 1990

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress