contaminación

A contaminación procedente dunha fábrica fai que Lugo teña este sábado unha calidade de aire moi mala

A modo de exemplo sobre este contaminante, un estudo de Ecoloxistas en Acción relacionaba o aumento de concentración de PM2,5 co incremento de ingresos hospitalarios na cidade de Madrid

Eliminan un punto de vertedura de aceites industriais en Santiso

Os técnicos desprazados á zona localizaron unha vertedura de aceites no interior dunha instalación do municipio, que se canalizaba por varios puntos ao exterior da nave cara ao río Furelos

O barco con pellets que contaminan Galicia non é o que dixo a Xunta, é o Toconao, bandeira liberiana pero dono alemán

O 'Toconao' - e non 'Tocano' como informou por erro a Xunta- ten pavillón liberiano, o seu armardora está radicada en Bermudas pero a empresa propietaria é unha naviera fundada por un alemán con domicilio fiscal en Chipre. Un barroco armazón empresarial que desvela Galiciapress e que, unha vez máis, permite ter dúbidas de que o responsable da contaminación acabe pagando os danos.

Vigo e o Planeta Terra non poden esperar

Na cidade olívica hai unha concentración de PM2,5 en Vigo é 16 (µg/m³) en diversas áreas do noso territorio urbano.

Ecoloxistas en Acción denuncia a presenza nos ríos galegos de gilosfatos, un produto que podería ser canceríxeno

A asociación Ecoloxistas en Acción vén de denunciar a través dun comunicado que as augas superficiais dos ríos están "altamente contaminadas por glifoxatos".

A térmica das Pontes, a refinería da Coruña e Alcoa San Cibrao son as tres maiores fontes de contaminación de Galicia
O sector da combustión de carbón e gas representou o ano pasado o 60,09 por cento das emisións de Galicia, co que esta se situou como a fonte máis contaminante, seguida pola produción de aluminio primario (13,78 por cento) e o refino de aceite mineral (12,11 por cento).
1,3 millóns de galegos respirou aire contaminado o pasado ano, conclúe Ecoloxistas en Acción

O aire que respirou a metade de Galicia en 2019 estaba contaminado. Un informe de Ecoloxistas en Acción conclúe que 1,3 millóns de galegos estiven exposta a niveis nocivos de contaminación.

Premio a Santiago pola súa aposta por controlar a calidade do aire (vídeo)


O premio supón un recoñecemento aos concellos pioneiros no noso país na posta en marcha de accións destinadas a mellorar a calidade do aire, de maneira que se visibilicen os seus esforzos e sirvan de inspiración para outros homólogos locais. En cidades de máis de 100.000 habitantes gañou Zaragoza, en menos de 100.000 gañou Compostela.

A máis coronavirus, moita menos contaminación en cidades como Vigo e A Coruña
A contaminación do aire urbano de Galicia caeu un 65,5% entre o 14 de marzo e o 30 de abril coincidindo co período de confinamento, tal e como reflicte o informe 'Efectos da crise da COVID-19 na calidade do aire urbano de España', elaborado por Ecoloxistas en Acción.
Coren pide un millón de euros a un ecoloxista por "imputacións falsas" sobre a contaminación da Limia


Este luns empeza o proceso xudicial promovido por COREN contra o ecoloxista Manuel García. A maior empresa da provincia de Ourense pídelle ao activista do Movemento Ecoloxista da Limia danos e prexuízos por un millón de euros, segundo informa outro grupo ambientalista, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).

​A asasina de ualabís

E aínda que ten razón a señora Díaz Ayuso ao afirmar que non foi a contaminación a que a punta de pistola ou armada cunha almofada privou do aire a esas persoas e animais, si foi a contaminación, ese elemento estraño para algún políticos pero que ben pode explicar o cambio climático, a que provocou unha seca de tres anos en Australia que derivou nunha das ondas de incendios máis devastadoras da historia do país ualabí e que xa dura varios meses.

Moito máis probable que fuxamos de casa polo clima que pola guerra, lembra OXFAM no inicio da COP25

Os desastres climáticos convertéronse na principal causa de desprazamento de persoas en todo o mundo na última década e obrigaron a máis de 20 millóns ao ano para abandonar os seus fogares.

​Sorpresa en Touro e O Pino pola "desaparición" da balsa mineira de Bama

A balsa mineira de Bama, tristemente coñecida nas localidades de Touro e O Pino por desbordarse cada vez que chove con intensidade, está "misteriosamente seca", advirte a 'Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON'.

O cambio climático xa está aquí pero o 40% dos concellos pasan do pacto galego para combatelo
A Coruña, Ferrol, Lugo e Santiago forman xa parte deste grupo de municipios que pretenden reducir as súas emisións contaminantes
Prohibida indefinidamente a pesca nun río tras a presunta vertedura dunha empresa participada pola Xunta
A pesca nun tramo do río Furelos e no regacho de Reboredo ao seu paso por Melide (A Coruña) quedará prohibida desde o vindeiro mércores 24 para "recuperar as condicións de habitabilidade piscícola" despois das verteduras rexistradas na zona.
Cambio climático, 'ándeme yo caliente'…

A letrilla satírica do poeta culteranista do Século de Ouro español non incumbe aos perigos do sobrecalentamiento planetario.

Guía para comezar a vivir sen plásticos en Santiago de Compostela


Onte celebrábase o Día Mundial do Medio Ambiente. Ao fío disto, miles de cidadáns sumáronse á campaña mundial que busca concienciar sobre o impacto dos plásticos promovendo non consumilos, polo menos durante unha semana.

Exposición realizada con plásticos recolleitos en Galicia para concienciar da contaminación do mar

A mostra "Plásticos a Mareas" está elaborada con restos recolleitos nas praias de Galicia e nas beiras do Río Sar por persoas con discapacidadLa Cidade da Cultura de Galicia acolle desde este mércores e ata o 19 de agosto a exposición Plásticos a mareas.

O Teatro Principal quedou pequeno reclamando ‘Aire, auga e terra limpas’

As plataformas que promocionaron a proxección do documental quedaron moi satisfeitas coa acollida.

O SEPRONA investiga os desbordamentos dos ríos contaminados de Touro

Membros da Policía Autonómica e o SEPRONA investigan a relación entre a actividade mineira e a contaminación das augas e ríos adxacentes ao enclave. “É difícil saber se o alcalde non se decata do que pasa no seu municipio ou se fai o descoidado”, denuncia a plataforma.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE