Un 85% de galegos apoian deixar o coche na casa en episodios de alta contaminación

Andaluces e vascos son os máis favorables ás restricións para reducir as emisións dos vehículos e os madrileños, os máis reticentes.


|

Madridcontaminado


O 85 por cento dos galegos móstrase a favor de deixar o coche na casa polas alertas de contaminación, segundo un estudo realizado por Direct Seguros.


Ademais, a un 26 por cento dos galegos parécelles unha medida desproporcionada as restricións de tráfico e un 16 por cento opina que se deberían de tomar outras medidas que non afecten o usuario.


En España, andaluces e vascos, segundo o estudo, son os máis favorables ás restricións para reducir as emisións dos vehículos e os madrileños, os máis reticentes.


En concreto, o 94 por cento dos andaluces e o 93% dos vascos que participaron no estudo móstranse dispostos a deixar os seus vehículos en casa para reducir as emisións fronte ao 65% dos madrileños.


De feito, os habitantes da rexión de Madrid son os únicos (cun 2% das respostas) que aseguran que non deixarían o seu coche en casa "baixo ningún concepto". Cataluña (85%) e Galicia (85%) tamén apoian maioritariamente non usar o coche privado nos episodios de alta contaminación.

relacionada ​Ferreiro esquiva los problemas de contaminación de A Coruña
relacionada Madrid restringe la circulación de vehículos en el centro según matrícula

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE