Clausurados sete pozos no Porriño debido a contaminación por lindano

|


Grifoagua 2


Medio Ambiente decidiu clausurar sete pozos de O Contrasto, no Porriño, por mor de contaminación por lindano. Tamén recomendou pechar o resto de pozos e fontes e non consumir alimentos ou auga da zona. Ademais realizaranse análises periódicas ata habilitar unha forma de abastecemento alternativa.


Estas indicacións foron trasladadas por técnicos das direccións xerales de Calidade Ambiental e de Saúde Pública, que concluíron en que a presenza de lindano no chan atópase por encima do nivel de referencia. Non se detectou lindano nas traídas de auga veciñais, pero sí nas analíticas de os sete pozos de vivendas que foron clausurados.


Ademais de realizar análises periódicas e investigacións sobre calquera sospeita no estado de saúde dos veciños,  tamén se elaborará un proxecto para a limpeza e recuperación dos chans despois de nadal, co fin de organizar medidas e actuacións posteriores.

relacionada Falece un veciño do Porriño por picaduras múltiples de avispa asiática

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress