Falece un veciño do Porriño por picaduras múltiples de avispa asiática

O home de 54 anos de idade atopábase tallando unha árbore que contiña un niño destes insectos.


|

Avispaasiatica


Un home de 54 anos de idade, veciño do municipio pontevedrés do Porriño e que responde as siglas A.G.L, faleceu tras sufrir numerosas picaduras de avispa velutina cando realizaba traballos agrícolas nunha leira, segundo corroborou a Garda Civil.


Os feitos ocorreron á primeira hora da tarde do martes, na parroquia de Budiño. Os indicios apuntan a que o home se atopaba tallando unha árbore no que había un niño destes insectos.


Ao lugar acudiu unha ambulancia asistencial do 061 e un medico do Punto de Atención Continuada. Os sanitarios realizaron manobras de reanimación cardiopulmonar pero só puideron certificar o falecemento do home.

AVISPA VELUTINA

A avispa velutina, coñecida tamén como avispa asiática, é un insecto invasor e totalmente integrado na fauna galega. Estes insectos son facilmente distinguibles polo seu tórax e o seu abdome de cor negra, exceptuando o cuarto segmento, de cor amarela. Aínda que se trata dunha especie de avispa máis agresiva que outras, a súa picadura non é máis perigosa que a da avispa europea e só atacan en defensa do niño. Esta clase de picaduras só representan perigo para a vida humana en caso de picaduras múltiples, como se deu neste tráxico caso.


En caso de atopar un niño destes insectos, non se debe interactuar con el nin tentar eliminalo persoalmente. O correcto é chamar ao 012 e informar do avistamento e a localización do niño para que os técnicos especializados realicen a súa eliminación. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE