Lara Méndez: "As mulleres non morremos, mátannos"

|


Machismo


Recalcaba esta idea a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, durante a súa intervención no acto de firma de protocolo para a campaña "En Negro contra as Violencias Machistas", que tivo lugar no Pazo do Raxoi ao longo de a mañá de hoxe. Ao evento acudiron representantes dun total de 60 concellos galegos, e xunto ao alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, distintas políticas e políticos expuxeron as súas ideas en contra da violencia machista.


Seguindo a liña do declarado por Lara Méndez, a alcadesa de Lugo definiuse como feminista e recalcou a importancia de rexeitar calquera tabú ao tratar o perigo que encerra o machismo. "A violencia é a máxima expresión de desigualdade", asegurou durante a súa intervención.


A Deputada lucense na área de Promoción Económica e Social afirmou que o machismo debe ser unha "prioridade" para todas as institucións, e que en casos de violencia de xénero debemos responsabilizar ao agresor e nunca á vítima. Pola súa banda, a Vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, pidio que se activasen todos "os mecanismos antiterroristas nun momento que consideramos de emerxencia", pero non abandonou unha perspectiva esperanzadora de fronte ao futuro da situación.



Santiago 1

A cidade de Santiago vólcase en contra da violencia machista


A alcadesa de Tomiño, Sandra Gónzalez, quixo destacar a crecente "insensibilidade" que a sociedade mostra ante graves casos de violencia machista, que lembra "non chega da noite para a mañá", senón que comeza con pequenos comentarios, xestos ou comportamentos para logo derivar en condutas moito máis perigosas e daniñas. Á situación de insensibilidad xeral, a alcadesa de Muros, María Xose Alfonso, sumoulle a "importancia da visibilidade deste problema" e a atención e axuda que debe recaer sobre mulleres criadas nun contexto fortemente machista. "As mulleres non somos propiedade de ninguén, só de nós mesmas", sentenciou.


No acto da firma de campaña, tamén participaron o alcalde de Manzaneda, Félix Domínguez, para o que "o feminismo é unha forma de ver o mundo"; e o alcade de Cangas, Xosé Manuel Pazos, que recalcou a necesidade de fondos económicos para a loita contra o machismo e a involucración dos concellos nesta "lacra social".


O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, encargouse de pechar o evento lembrando que os asasinatos machistas "non poden normalizarse", e aínda que afirmou que a loita contra o patriarcado "é do pobo", non evadiu a responsabilidade das institucións locais; en palabras do propio alcalde, non deben "vivir encastelados nos concellos".


En Negro contra as Violencias Machistas


Durante o últimos trece anos, a violencia machista en España implicou o asasinato de 380 mulleres, unha cifra que fala por si soa e á que, en Santiago de Compostela, tentóuselle dar resposta a través da campaña "Compostela en negro", iniciada en 2015 e coa que distintos locais e establecementos composteláns tínguense de negro en contra do machismo Ao cabo de dous anos, ata 75 concellos galegos e tres deputacións uníronse ao movemento, orixinando o que agora se coñece como "En Negro contra as Violencias Machistas".


A edición deste ano, que terá lugar entre o 23 e o 26 de novembro, a diferenza de anos anteriores impulsará a participación dos veciños da capital galega. A partir de mañá día 16 de novembro, habilítanse catro centros na cidade para que a cidadanía poida recoller o material de campaña: os centros socioculturais de Fontiñas e do Ensanche, no Matadoiro e na Casa de Mulleres Xohana Torres. 

relacionada A campaña 'Compostela en Negro' multiplica as adhesións este ano
relacionada Trece concellos lucenses únense a 'Lugo en negro' contra o machismo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress