Trece concellos lucenses únense a 'Lugo en negro' contra o machismo

|

Lugonegrocampanha


A deputada responsable de Promoción Económica da Deputación de Lugo, Sonsoles López Izquierdo, concretou que son 13 os concellos da provincia lucense os que se adheriron á campaña 'Lugo en negro', que clama contra este tipo de violencia: Alfoz, Becerreá, Burela, Castroverde, Láncara, Lourenzá, Lugo, O Corgo, Rábade, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro.


Sonsoles López anunciou este luns en rolda de prensa, coa concelleira de Benestar, Ana González Abelleira, que a institución provincial "reedita" a colaboración para os actos organizados o próximo 25 con motivo do Día Internacional contra a violencia machista.


A deputada explicou que un dos principais obxectivos da campaña consite en "poñer de manifesto a repulsa da sociedade" a través a promoción de distintos actos, como a lectura dun manifesto ás portas da Deputación ou a instalación dun gran lazo negro na Mosquera  o día 25 de novembro.


A concelleira Ana González Abelleira profundaba ademais na necesidade de que, desde o Estado, transfíranse orzamentos aos concellos para loitar contra esta secuela. "Esixir eses recursos económicos, esixir a devolución das competencias", demandou.

relacionada Críticas contra a campaña institucional do 25 de novembro polo seu "paternalismo rancio"
relacionada Máis de 500 mulleres reciben formación en defensa persoal contra a violencia machista

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress