A Aemet avisa a Galicia polo forte vento que trae o furacán Ophelia

|

Temporalolas 1


A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) emitiu este xoves un aviso especial polos fenómenos adversos do furacán Ophelia, que se desprazará o sábado día 14 á zona de Azores e que podería provocar ventos de forza 9 e 10 na zona marítima de Finisterre e de forza 7 na costa atlántica galega.


O Centro Nacional de Furacáns (NHC) con sede en Miami, organismo responsable do seguimento de ciclóns tropicais no Atlántico Norte, prevé un desprazamento do Furacán Ophelia, que actualmente se atopa en categoría 1, desde a zona marítima de Azores o sábado ata converterse en ciclón post-tropical conforme se achegue á Península.


Segundo a evolución máis probable de Ophelia, os ventos poderán alcanzar forza 11 con máximos de vento de 140 quilómetros por hora, xerando zonas de mar montañoso e producíndose precipitacións moi intensas.


Segundo a última predición dispoñible, ao final do domingo día 15 o centro situarase próximo ás costas peninsulares, con probabilidade de ventos de forza 9 ou 10 no oeste da zona marítima de Finisterre e forza 7 na costa atlántica galega.



Sería tras o seu paso cando poden chegar choivas xeneralizadas á costa e estenderse cara ao interior de Galicia.


relacionada O furacán Ophelia chegará a Galicia esta fin de semana, aínda que debilitado

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress