O furacán Ophelia chegará a Galicia esta fin de semana, aínda que debilitado

|

OpheliatormentatropicalAfectará sobre todo a última hora do domingo.


Un furacán situado no suroeste das Illas Azores e denominado 'Ophelia' chegará a Galicia a fin de semana debilitado e en forma de borrasca. Así, espérase que se traduza nun aumento da intensidade do vento, especialmente a última hora do domingo, pero que non provoque demasiadas choivas.


Diso informou este mércores en rolda de prensa a directora xeral de Calidade Ambiental, Cruz Ferreira, quen explicou que, aínda que a súa influencia empezarase a notar en Galicia o sábado, os principais efectos terán lugar nas últimas horas do domingo e primeiras do luns.


Na mesma liña, fontes de Meteogalicia sinalaron que a previsión é que 'Ophelia' se mova cara á península o venres e o sábado e, aínda que pode gañar algo de forza no seu percorrido, o domingo xa comezaría a perdela, coincidindo coa súa chegada a Galicia.


"É importante ter en conta a traxectoria para prever os efectos que poida ter en Galicia e o escenario máis probable é un aumento dos ventos na noite do domingo, especialmente na zona oeste", sinalaron.


Así, as mesmas fontes incidiron en que se trata dun "fenómeno bastante intenso pero relativamente pequeno" que "dependerá da traxectoria final que siga". Por iso, subliñaron que a previsión pode cambiar a medida que se aproxime a súa chegada.


relacionada Achégase unha borrasca de "dimensións inusuais" e con características de "furacán"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress