Máis de 2.000 familias de galegos en Venezuela necesitan axuda

A previsión de axudas da Xunta supera o millón e medio de euros, en colaboración cos centros galegos.


|

SupermercadovenezuelaSupermercados do país sufriron desabastecemento.


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, manifestou este mércores que a Xunta atenderá máis de 2.000 familias de galegos de Venezuela e sinalou que a previsión de execución das axudas nese país supera os 1,5 millóns de euros.


Así o sinalou en resposta a senllas preguntas acumuladas en comisión parlamentaria dos grupos popular e socialista en relación a actuacións para atender aos galegos residentes e retornados de Venezuela. Respecto diso indicou que a Xunta reforza cos centros galegos a rede asistencial en todo ese país.


Rodríguez Miranda lembrou que "hai pouco máis de dez días estivo en Venezuela" e fixo fincapé na "loita diaria" que teñen os residentes nese país "para levar a cabo as cuestións máis fundamentais", como poñer comida na mesa.


Respecto diso, estimou que "a maioría" dos galegos residentes en Venezuela, un 80 por cento, concéntrase na cidade de Caracas. Aínda que recoñeceu que "a vida está un pouco máis tranquila no transfondo político", matizou que non "nas cuestións da seguridade".


Por iso, resaltou que no último "ano e medio" traballou "con máis intensidade en Venezuela". Deste xeito, comentou que na súa recente viaxe centrouse en atoparse con "todos os representantes" ou autoridades que poden axudar aos galegos residentes nese país co fin de "facer o mellor labor social". Ao tempo, precisou que "a interlocución non sempre é fácil con ese goberno".


ORZAMENTO


O secretario xeral informou, ademais, de como se executará a partida orzamentaria extraordinaria de 600.000 euros aprobada pola Cámara galega no mes de xullo co fin de actuar a favor dos galegos de Venezuela. Este novo orzamento engádese ao case millón de euros que estaba xa previsto para actuacións a favor dos galegos da república bolivariana.


Emigración actúa con esta partida, segundo explicou, con axudas directas no país, con 350.000 euros destinados a axudar a persoas máis necesitadas para que poidan acceder a produtos de primeira necesidade e reforzo da estrutura de atención social e asistencia dos galegos residentes en Venezuela.


Por outra banda tamén contribúe a Xunta con axudas aos galegos retornados de Venezuela. Así inclúen 200.000 euros para axudas extraordinarias ao retorno e 50.000 euros para axudas ao autoemprego.


relacionada Mensaxe aos venezolanos: "Galicia é un bo lugar para se instalar a vivir"
relacionada Emigración visita Venezuela para ver as necesidades de "galegos en dificultades"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE